4/12/09

PROFES NOVOS NO COLE DE BELESAR.


O día 30 de Novembro tivemos a visita dos pais de Martín e de Alex para explicar un montón de cousas do noso corpo. Repasamos e aprendimos moitas cousas sobre as partes do corpo, os nosos sentidos, os órganos principais, os coidados que temos que darlle ao corpo.....e todo rematou cun gran xogo no que puxemos en práctica todo o que aprendimos. Dende Belesar os nenos/as e mestras de E.Infantil e 1º Ciclo de E. Primaria damos as grazas a esta familia pola participación e colaboración en actividades lúdicas para os rapaces. Ata pronto................

No hay comentarios: