Para que todas as familias poidan ver o guapos e guapas que estabamos no Festival do Xoves, aquí tedes algunhas fotos para que recordedes esos momentos.
Polo noso colexio pasaron representacións de varios países: Os de Infantil representaron Finlandia, cun impresionante trineo pintado por eles mesmos. Os rapaces e rapazas de 1º ciclo protagonizaron unha marcha de gondoleros pola Ponte de Rialto. Tod@s os do 2º ciclo vestíronse de Eslovacas e eslovacos. E tamén tivemos a visita dos Vikingos de Dinamarca, animando a función.
20/2/09
11/2/09
NAIS AFAENADAS
Quedan poucos días para o entroido do cole, e as nosas nais apuran os últimos detalles dos disfraces. Aquí as vemos traballando moi afaenadas e adicándonos os seus sorrisos.
As familias son os motores que animan a vida dun colexio,e, en Belesar estamos moi orgullosos delas. Sempre están dispostas a axudar cando o precisamos.
Grazas polo voso apoio!!!
30/12/08
OS MELLORES LIBROS DO 2008
Dende o blog O Recanto de Mik dannos unha valiosa información acerca de títulos de libros para regalar nestas datas.
Atención pais: Estes son algúns consellos que nos dan.
http://www.fundaciongsr.es/pdfs/Lo+08.pdf
http://www.fundaciongsr.es/pdfs/Lo+08.pdf
10/11/08
2/11/08
OPERACIÓN INFANTIL
Esta mañá tivemos o honor de ser visitados por un grupo de pais e nais que compartiron cos nenos e nenas de Educación Infantil unha interesante intervención quirúrxica.
A través de distintos materiais elaborados por eles mesmos, descubrimos o divertido que pode ser aprender acerca do corpo humán. Conseguimos axudar a Chip, o extraterrestre ferido, usando unhas pequenas nocións de medicina.
Que sorte temos cos pais e nais de Belesar. Están sempre sorprendéndonos!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)