4/12/09

PROFES NOVOS NO COLE DE BELESAR.


O día 30 de Novembro tivemos a visita dos pais de Martín e de Alex para explicar un montón de cousas do noso corpo. Repasamos e aprendimos moitas cousas sobre as partes do corpo, os nosos sentidos, os órganos principais, os coidados que temos que darlle ao corpo.....e todo rematou cun gran xogo no que puxemos en práctica todo o que aprendimos. Dende Belesar os nenos/as e mestras de E.Infantil e 1º Ciclo de E. Primaria damos as grazas a esta familia pola participación e colaboración en actividades lúdicas para os rapaces. Ata pronto................

18/5/09

GRAZAS FAMILIAS!



Todos os mestres e mestras do ceip Belesar, queremos agradecer ás familias o gran apoio que nos deron durante a celebración do Comenius.
As familias de Belesar, unha vez máis demostraron que están dispostas a axudar sempre que é necesario. Tanto a ANPA do colexio como numerosas nais foron a gran pedra angular deste Proxecto Comenius: "Descubre a nosa Rexión", no que participaron mestres de 5 países europeos.: Italia, Dinamarca, Eslovaquia, Finlandia e Polonia.
Grazas a todas esas nais que nos acompañaron neses momentos! Noraboa por un traballo tan ben feito.

20/4/09

GRAZAS POLO APOIO FAMILIAS!!!!!!!!!!!










A Biblio de Belesar ten moita sorte de contar ca axuda das familias para levar a cabo tan ben os proxectos . Grazas familias pola vosa colaboración no proxecto das Mochilas Viaxeiras, e polas vosas opinións nas axendas escolares.

20/2/09

FESTIVAL DE ENTROIDO

Para que todas as familias poidan ver o guapos e guapas que estabamos no Festival do Xoves, aquí tedes algunhas fotos para que recordedes esos momentos.
Polo noso colexio pasaron representacións de varios países: Os de Infantil representaron Finlandia, cun impresionante trineo pintado por eles mesmos. Os rapaces e rapazas de 1º ciclo protagonizaron unha marcha de gondoleros pola Ponte de Rialto. Tod@s os do 2º ciclo vestíronse de Eslovacas e eslovacos. E tamén tivemos a visita dos Vikingos de Dinamarca, animando a función.

11/2/09

NAIS AFAENADAS


Quedan poucos días para o entroido do cole, e as nosas nais apuran os últimos detalles dos disfraces. Aquí as vemos traballando moi afaenadas e adicándonos os seus sorrisos.

As familias son os motores que animan a vida dun colexio,e, en Belesar estamos moi orgullosos delas. Sempre están dispostas a axudar cando o precisamos.

Grazas polo voso apoio!!!

As familias