18/5/09

GRAZAS FAMILIAS!



Todos os mestres e mestras do ceip Belesar, queremos agradecer ás familias o gran apoio que nos deron durante a celebración do Comenius.
As familias de Belesar, unha vez máis demostraron que están dispostas a axudar sempre que é necesario. Tanto a ANPA do colexio como numerosas nais foron a gran pedra angular deste Proxecto Comenius: "Descubre a nosa Rexión", no que participaron mestres de 5 países europeos.: Italia, Dinamarca, Eslovaquia, Finlandia e Polonia.
Grazas a todas esas nais que nos acompañaron neses momentos! Noraboa por un traballo tan ben feito.