2/11/08

OPERACIÓN INFANTIL

Esta mañá tivemos o honor de ser visitados por un grupo de pais e nais que compartiron cos nenos e nenas de Educación Infantil unha interesante intervención quirúrxica.
A través de distintos materiais elaborados por eles mesmos, descubrimos o divertido que pode ser aprender acerca do corpo humán. Conseguimos axudar a Chip, o extraterrestre ferido, usando unhas pequenas nocións de medicina.
Que sorte temos cos pais e nais de Belesar. Están sempre sorprendéndonos!